viernes, 24 de junio de 2011

Sogama e Aquapark

E como  viaxe fin de curso visitamos as instalacións de Sogama no concello de Cerceda. Sogama é a Sociedade Galega do Medio Ambiente e é unha empresa pública que se dedica á xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos en Galicia.

Pola tarde veu o máis divertido e impresionante, que foi ir ao Aquapark de Cerceda, probando e nadando en todas (ou case) todas as instalacións.

E ata aquí chegou a nosa andaina.


Ata pronto!!!


viernes, 3 de junio de 2011

Viaxe a Piornedo

Esta foi a segunda viaxe ao entorno de Ancares, e foi  á vila de Piornedo, situada no concello de Cervantes.

En primeiro lugar recorremos o pobo vendo as construcións máis típicas como son os hórreos e as pallozas. Acompañounos unha guía local e veciña de Piornedo.

Despois fomos a visitar os 7 muíños e tamén a “Palloza Museo” onde coñecemos as distintas estancias (cortellos,alcobas,cociña, o tear e a corte das vacas) e a súa función. Tamén é interesante toda a colección de útiles que usaban os nosos antepasados.

E pola tarde, fomos en busca dun tesouro en forma dunha das árbores máis anchas de Galicia.


Ata a próxima!!!

viernes, 15 de abril de 2011

Viaxe polo entorno

O motivo desta viaxe foi coñecer e estudar máis de preto a nosa contorna. Comezámola viaxe no pobo de Penamaior, no que existe unha igrexa que noutros tempos foi parte dun mosteiro da orde cisterciense e que data do século XII.

Despois seguimos pola ladeira da montaña e chegamos á base dos helicópteros de incendios, onde nos explicaron todo o relativo á extinción de incendios forestais (cuadrillas, utensilios, etc) e tamén puidemos ver o helicóptero de preto.

Posteriormente, e tamén nas mesmas instalación, visitamos a Escola de Alta Montaña onde nos ensinaron todas as actividades que alí se levan a cabo, relacionadas coa agricultura e a gandería. Vimos becerros, vacas, coellos e cabalos.

Xa pola tarde fixemos un recorrido para coñecer a gran variedade de vexetación e árbores autóctonos do entorno. 


Ata a próxima!!!

lunes, 7 de marzo de 2011

Entroido: Somos Bombeiros

Así fomos de guapos no Entroido co camión que fixo o pai do noso compañeiro Miguel. O outro camión fixémolo nos, non estaba tan chulo pero divertímosnos  moito facéndoo, ademais dos outros aparellos.


Ata a próxima!!!

jueves, 23 de diciembre de 2010

Celebrémolo Nadal

Un día de Nadal na aula de 4º”, foi este ano a nosa obra de teatro, onde Marcos fixo de profesor e os demais de alumnos.


Bo Nadal e Feliz aninovo!!!



viernes, 16 de abril de 2010

Unha viaxe ao parque cultural “Las Médulas”

Na comarca do Bierzo (provincia de León) fomos visitar o que foi  unha explotación de ouro da época romana, considerada hoxe a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o imperio romano.

Alí o guía explicounos o modo de extracción do ouro e que máis ou menos consistía na captación de auga que viña por moitas canles e se acumulaba nuns depósitos e que despois liberaban de modo que a auga entraba na mina e arrastraba a terra. Posteriormente sacaban o ouro filtrando os restos que viaxaban na auga. Este método coñécese como “Ruína montium”.

Despois da visita a esta impresionante paraxe, o guía levounos por un inmenso bosque de plantas aromáticas na súa maioría.  O final deste recorrido chegamos a o lago de Carucedo que se formou ó quedar taponado o río por material procedente das médulas. O guía tamén nos contou unha lenda sobre a orixe deste lago.

Velaquí unha escolma de fotos.



Ata a próxima!!!

lunes, 15 de marzo de 2010

Unha viaxe impresionante!!!

O día 9 de marzo, fixemos unha pequena viaxe a Lugo, co gallo de coñecer un pouco máis a nosa provincia.

En primeiro lugar estivemos na sede da Deputación provincial, alí contáronnos un pouco sobre da historia do citado organismo, cales son as súas funcións, cando se construíu o edificio, etc.

Despois leváronnos a O Centro de Interpretación Terras do Miño. Alí asistimos a varias proxeccións audiovisuais sobre a flora e a fauna que habita no río e unha sobre a lenda do “home peixe”.

A continuación fomos a o mazo de Santa Comba, situado no río Chamoso (preto de Lugo) . Alí vimos un muíño, un mazo, unha roda moa de afiar e unha serra de madeira e todo funcionando grazas a forza da auga!. Neste lugar foi onde xantamos, no mesmo complexo e cunhas vista fermosísimas a o río.

Despois de xantar, xa pola tarde, desprazámonos para facer unha ruta de sendeirismo pola vía Romana XIX, onde vimos os vestixios desta antiga ruta.

Xa de volta a Lugo, demos un paseo pola beira do río Rato, visitando a ponte da Chanca. Máis tarde visitámola catedral de Lugo, a muralla romana e finalmente estivemos na casa dos mosaicos, onde vimos os restos dunha antiga casa romana. A o saír, e antes de partir de volta a o colexio, a profe invitounos a merendar.

Pasámolo moi ben, ata a próxima!!